Commons:Primeiros pasos
.svg/160px-Puzzly_(RTL).svg.png)
Que é Wikimedia Commons?
Con decenas de millóns de ficheiros, Wikimedia Commons é un dos maiores repositorios en liña de ficheiros multimedia. Construído a partires das obras compartidas por miles de voluntarios, Commons aloxa imaxes educativas, vídeos e ficheiros de son empregados pola Wikipedia e polos outros proxectos da organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. Tódalas obras de Commons atópanse baixo unha "licenza libre". Isto significa que poden calquera pode usalas e compartilas, só hai que seguir as normas das licenzas - habitualmente acreditando o autor da mesma e preservando a licenza para que outros poidan compartir de novo a obra tamén.

Por que contribuír con Wikimedia Commons?
Imaxina un mundo no que calquera ser humano pode contribuír libremente a suma de todo o coñecemento. As túas contribucións poden ser parte diso. Cando compartes as túas fotografías e outros ficheiros en Commons e ilustras os artigos da Wikipedia con eles, a túa obra pode ser vista por miles - ou centos de miles - de persoas en todo o mundo. E estás axudando a construír un recurso común que chega a unha audiencia aínda maior. Os ficheiros de Commons úsanos as páxinas educativas, os medios de comunicación, bloggers, artistas, cineastas, estudantes, profesores e moitos outros.
